Proxección curtametraxe sobre a emigración galega e cea social na Casa de Galicia en Córdoba

Listen to this page using ReadSpeaker
714 lecturas

O venres 17 de xaneiro ás 20,30 h., na sede da entidade, a Casa de Galicia en Córdoba organiza a proxección dunha curtametraxe sobre a Emigración Galega, coa introdución de Loli Vázquez, quen tamén será a encargada de enlazar o filme coa poesía de Rosalía de Castro e, con posterioridade, moderar o coloquio sobre o documental.

  • Ao remate do acto, celebrarase unha cea social coa posterior actuación do Grupo Folklórico da entidade Airiños da Terra
Proxección curtametraxe sobre a emigración galega e cea social na Casa de Galicia en Córdoba
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Casa de Galicia en Córdoba
Data: 
17.01.2014
Hora: 
20,30
Lugar:
Casa de Galicia en Córdoba
Praza de San Pedro, 1
Córdoba - 14002Córdoba
España