Proxección-coloquio do documental "Asolagados", en Madrid
O luns 27 de xaneiro ás 19,00 h., na Casa de Galicia - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, terá lugar a proxección e posterior coloquio sobre o documental Asolagados, filme dirixido por David Vázquez, que narra o antes e o despois dos pobos anegados polas augas do río Miño trala construción do encoro de Belesar en 1963: Abideira, Porto, Castro, Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte Fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hernida, Ribó...
- No acto intervirá, ademais do seu director, a produtora, Cristina López, membros do equipo de gravación "Coa auga ó pescozo"
- Trátase dunha gravación de imaxes dos restos das casas, fornos, hórreos, adegas, árbores, vides... e, sobre todo, das dez testemuñas entrevistadas nestes mesmos "paraísos asolagados" que volveron a ver a luz en 2011. Imaxes e sons que describen o cambio dunha parte da paisaxe da Ribeira Sacra e dunhas persoas que se viron obrigadas a reinventar vida e costumes
- A película será proxectada en galego con subtítulos en castelán

Evento:
Proxección
Organiza:
Casa de Galicia en Madrid - Delegación da Xunta de Galicia en Madrid
Data:
27.01.2014
Hora:
19,00
Lugar:
Casa de Galicia en Madrid
Casado del Alisal, 8
Madrid - 28014Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





