Día das Letras Galegas 2013 no Val Miñor de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
694 lecturas

O sábado 18 de maio a partir das 20,30 h., na sede da entidade, o Centro Val Miñor de Montevideo celebrará o Día das Letras Galegas homenaxeando a Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo compostelán a quen se dedica a edición de 2013.

Marisa Barrio pronunciará unha conferencia e contarase coas actuacións da Agrupación Coral Val Miñor, Airiños do Val, Banda de gaitas, Pandeiretas do Val e a Escola de danzas galegas. Para rematar, Gran Queimada Enxebre.

Día das Letras Galegas 2013 no Val Miñor de Montevideo
Evento: 
Día das Letras Galegas
Organiza: 
Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor
Data: 
18.05.2013
Hora: 
20,30
Lugar:
Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor
Julio César, 1431
Montevideo - 11600
Uruguai