Encontros co IGAPE, en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
666 lecturas

O luns 22 e o martes 23 de abril en horario de 9,00 a 18,00 h., na sede da entidade no barrio da Balvanera, a Asociación de Empresarios Gallegos de Argentina (AEGA) organiza unhas xornadas de encontro co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), institución dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

  • O persoal directivo do IGAPE manterá entrevistas personalizadas co empresariado interesado nos mercados exteriores, e poderán facer difusión dos seus produtos e servizos, así como tamén expoñer as súas consultas respecto ao comercio con Galicia e empresas galegas no mundo, que inclúa compra e venda de produtos, investimentos inmobiliarios e industriais e todo tipo de relacións económicas con empresas galegas.
  • Durante o encontro os empresarios e empresarias de orixe galega en Arxentina, contarán coa oportunidade de recibir información detallada sobre os servizos e axudas das que dispón o IGAPE para dar apoio ás iniciativas de internacionalización.
  • Solicitude de entrevistas:
    -Comunicarse no tlf. 15-3277-2286 ou nos enderezos de correo-e secretaria@aega.org.ar ou comex@aega.org.ar
    -Rexistraranse as solicitudes outorgándoselle un horario especial para cada empresario ou empresaria, sendo a atención persoal por parte das autoridades do IGAPE
Encontros co IGAPE, en Bos Aires
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Asociación de Empresarios Gallegos de Argentina (AEGA)
Data: 
22.04.2013 a 23.04.2013
Hora: 
9,00
Lugar:
AEGA
Adolfo Alsina, 2725 (Balvanera)
Ciudad Autónoma de Buenos Aires - C1090AAS
Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: