Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
5211 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes. A Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos e as galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia, convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega en colaboración coas entidades galegas do exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
16.04.2013
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:
Poderán solicitar a organización destes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, inscritas no rexistro de comunidades galegas, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Modalidades convocadas:

  • Seminarios de baile.
  • Seminarios de gaita.
  • Seminarios de percusión.
  • Seminarios de pandeireta e canto.
  • Seminarios de carácter artesanal (encaixe de palillos e confección de traxes tradicionais).
  • Seminarios de cociña galega.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación da documentación:
1. De acordo co establecido no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e a Orde do 15 de setembro de 2011, as persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo electrónico https://sede.xunta.es.

A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante e carecerán do carácter de copia auténtica. A Administración, en calquera momento da tramitación do procedemento, poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e do artigo 22.3 do citado Decreto 198/2010. A achega de tales copias implica a autorización á Administración para que acceda e trate a información persoal contida nos correspondentes documentos.

2. Igualmente, as solicitudes poderán presentarse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración (rúa dos Basquiños, 2, 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderanse presentar nas delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
16.05.2013