15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Listen to this page using ReadSpeaker
928 lecturas

O venres 30 de novembro, no edificio Cersia de Santiago de Compostela, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade festexa os seus 15 anos de compromiso cos Dereitos Humanos cun gran evento en Santiago de Compostela.

Programa:

  • 9,00 h.  VII Xornadas de Cooperación: 15 anos comprometéndonos coa solidariedade.
                -Expertas e expertos de Galicia e internacionais compartirán mesa para analizar a cooperación municipalista no mundo e a situación do  sistema galego de cooperación diante da crise, en senllos debates moderados polos xornalistas Tino Santiago e Natalia Puga.
  • Café de comercio xusto.
  • 12,30 h. Gala de conmemoración do 15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, acto acto conducido pola actriz Mariana Carballal.
                 -Entrega dos premios do concurso fotográfico Imaxes con Fondo, nas categorías xuvenil e adulta.
                 -Presentación do documental sobre o Fondo Galego de Cooperación elaborado por voluntariado da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso).
                 -Actuación da compañía A Tropa de Trapo,  cos seus contos da conmemoración.

     

A entrada é libre e de balde; para confirmar asistencia, contactar coa Secretaría Técnica, que exerce o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), no enderezo de correo-e comunicacion@fondogalego.org ou nos tlfs.  698 156 127 e  698 144 536.

15º aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Data: 
30.11.2012
Hora: 
12,30
Lugar:
Edificio Cersia
Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)
Santiago de Compostela - 15703A Coruña
España