Magosto 2012 en Rubí
O domingo 4 de novembro a partir das 13,00 h., na sede da entidade, a Irmandade Galega de Rubí celebrará o Magosto 2012 cunha gran festa preparada por Pulpalia de Lugo. É preciso facer reserva, xa que as prazas son limitadas, e o menú (cun custo para as persoas adultas de 20 €) estará composto por:
- Aperitivo: empanada, polbo e lacón
- Carne ao caldeiro
- Prostre e café
A partir das 17,00 h. contarase coa animación dunha disco-móbil coas cancións das grandes orquestras de Galicia e a música das gaitas.
Ás 19,00 h. comezará o Magosto, coas típicas castañas asadas.

Evento:
Magosto
Organiza:
Irmandade Galega de Rubí
Data:
04.11.2012
Hora:
13,00
Lugar:
Irmandade Galega de Rubí
Carrer de l'Inventor Monturiol, 18 - Baixo
Rubí - 08191Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





