San Xoán en Castellón

Listen to this page using ReadSpeaker
502 lecturas

O sábado 23 de xuño a partir das 21,00, na sede social "O Faiado" do complexo do antigo cuartel Tetuán XIV, o Centro Galego de Castellón "O Aturuxo" celebra a súa festa de San Xoán. Haberá sardiñas e chourizos asados, viño, queimada, moita troula e cacharela para saltar e herbas de San Xoán para espantar as meigas.

Prezos: persoas asociadas 3 €, non asociadas 6 € e para as nenas e os nenos de menos de 10 anos a entrada é de balde. É preciso reservar antes do día 21 de xuño no tlf. 690 653 904.

San Xoán en Castellón
Evento: 
San Xoán
Organiza: 
Centro Galego de Castellón "O Aturuxo"
Data: 
23.06.2012
Hora: 
21,00
Lugar:
Local social "O Faiado" do Centro Galego de Castellón
Bovalar, Cuadra Tercera, s/n Antiguo Cuartel Tetuán XIV
Castellón - 12004Castellon
España