31° Aniversario de As Xeitosiñas de Zürich

Listen to this page using ReadSpeaker
721 lecturas

O sábado 24 de marzo, a partir das 18,00 h., a Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich celebra a súa Festa do 31º Aniversario. A festa contará coas actuacións de Lucía Pérez, a cantante de O Incio (Lugo) que representou a España no pasado Festival de Eurovisión, e o grupo de baile e banda de gaitas de As Xeitosiñas; a verbena estará amenizada polo dúo Nueva Época.

A entrada é de balde e servirase unha cea a  prezos populares cun menú composto por polbo con patacas, paella, lacón con grelos e postre. As reservas para a cea poden realizarse na dirección de correo-e info@asc-asxeitosinas.ch, por teléfono e sms ao número +41 76 375 55 28 e tamén na rede social facebook.

Máis info en www.asc-asxeitosinas.ch

 

31° Aniversario de As Xeitosiñas de Zürich
Evento: 
Aniversario
Organiza: 
Asociación Cultural "As Xeitosiñas" de Zürich
Data: 
24.03.2012
Hora: 
18,00
Lugar:
Sporthalle Unterrohr
Unterrohrstrasse, 2 Schlieren
Zürich - 8952
Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: