Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
3431 lecturas
Información do Programa e Formularios de Solicitude das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2012.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
16.01.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:

  1. Os emigrantes galegos e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego sinálase no artigo 14º destas bases.
  2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o seu cónxuxe viúvo, os seus fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento e non fosen beneficiarios o ano anterior.

Supostos de necesidade:

  • Situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante.
  • Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
  • Invalidez ou enfermidade permanente do solicitante.
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas o graves, cando teñan un custe elevado.
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
  • Situación de desemprego na unidade económica familiar.
  • Situación de precariedade na unidade familiar.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • En Brasil:

-Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro.
-Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
-Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción en Sao Paulo.
-Sociedad de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.

  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera de los lugares previstos no artigo 38º.4 de la Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Acción Social
Teléfonos: 981 545877 - 981 545880
Fax: 981 957055
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es

Documentación adxunta:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
01.03.2012