A traxectoria de Ramón Pinheiro no mundo da música
Profesor de Historia da Música e Director Artístico de Ouvirmos SL, presenta unha dilatada traxectoria marcada desde pequeño pola música tradicional galega: "A miña traxectoria está condicionada pola miña formación. Algunhas das cousas das que me sinto máis satisfeito foron as ensinanzas recibidas do meu mestre, Nazario González Iglesias, "Monexas" que foi quen me ensinou a apreciar e respectar a música popular galega desde que contaba con sete anos", comenta Ramón Pinheiro.
O musicólogo comenta que "estiven nalgúns grupos musicais como Chouteira ou Ecléctica Emsemble cos que realicei algunhas grabacións e teño traballado en musicais de teatro, na programación artísticas de festivais e na productora musical BOA Music. Por outra parte, licencieime en Historia pola USC e continuei estudos de posgrado na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. O profesor Javier Garbayo da USC convidoume a codirixir con él as dúas únicas edicións do Curso de Posgrado en Música Tradicional galega que a Universidade galega organizou", asegura.
Nos últimos, Pinheiro centrou o seu traballo en "Ouvirmos s.l.", "empresa adicada á posta en valor do patrimonio musical galego, da que fun socio fundador e director artístico ata a miña saída hai máis dun ano. Na actualidade traballo para o Conservatorio de Música Tradicional e Folque que é o proxecto ó que adico todo o meu tempo, paixón e coñecemento2.


