Casa de Galicia en Madrid / Delegación da Xunta de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia é a sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid desde 1992, e como tal, acolle actividades institucionais do presidente da Xunta de Galicia e dos membros do seu Goberno.
 
A Casa de Galicia encargou o establecemento de relacións cos axentes dos distintos sectores para o fomento da actividade económica e empresarial e do turismo en Galicia, sempre en coordinación coas distintas consellarías, e nas súas instalacións conta cunha sede da Oficina Económica de Galicia.
 
A sede institucional da Xunta en Madrid tamén se ocupa da relación coa comunidade galega en Madrid, e as distintas entidades e asociacións galegas establecidas nesta comunidade autónoma.
 
Un dos piares da actividade da Casa de Galicia é a difusión da lingua e da cultura galegas, coa celebración de cursos, exposicións, conferencias e outro tipo de actividades.
 
Na Casa de Galicia está situada unha oficina de atención á cidadanía e de rexistro para a presentación de documentación e outros trámites coa Administración. 

 

Casa de Galicia en Madrid / Delegación da Xunta de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia é a sede institucional da Xunta de Galicia en Madrid desde 1992, e como tal, acolle actividades institucionais do presidente da Xunta de Galicia e dos membros do seu Goberno.
Enderezo:
Casado del Alisal, nº 8
28014 Madrid

Teléfono SECRETARÍA: +34 91 595 42 01 | +34 91 595 42 04

Teléfono REXISTRO: +34 91 595 42 28

Teléfono OFICINA ECONÓMICA DE GALICIA: +34 900 815 151

Fax: +34 91 595 42 09

Correo-e: casa.galicia@xunta.es

Sitio web: http://casadegalicia.xunta.gal