Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración

Listen to this page using ReadSpeaker
1137 lecturas
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 15 localidades galegas, un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición. AVISO: Foron modificadas as datas de inscrición e impartición do curso a celebrar en O Porriño.
Data de publicación: 
08.09.2010
Estado: 
Procedemento pechado

Descrición: Programa Formativo que capacita para o manexo dun ordenador, obtendo e procesando información e utilizando as funcións básicas do procesador de textos WORD XP.

Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes..

Duración: A duración será de 25 horas lectivas, que desenvolveranse de luns a venres, 5 horas diarias.

Contidos:

  • Introdución. O Sistema Operativo. O Software e o Hardware. (4 h.)
  • Primeiros pasos co  WORD. (3 h.)
  • Crear e gardar documentos. (4h.)
  • Escribir, editar e dar formatos. (6 h.)
  • Traballar con táboas e inserir documentos (4 horas).
  • Combinar correspondencia e formularios (4 horas).

Prazas: 15 alumnos en cada curso (un total de 225 prazas).

Localidades, prazo de inscrición e datas de impartición: (PDF)

Custo:  Totalmente Gratuíto.

Información e inscricións:
Fundación Galicia Emigración
Rúa do Vilar, 15-Baixo – 15705 – Santiago de Compostela
formacion@fundaciongaliciaemigracion.es
Tel: 981 55 44 63
Fax: 981 55 46 12

Formulario de inscrición: (DOC / PDF)

Enviar por:

AVISO: As datas inicialmente previstas para a celebración do programa en O Porriño foron modificadas (descargar arquivo de datas de impartición para consultar as novas datas).