Escolas Abertas presenciais 2011
Información e formularios de inscrición dos obradoiros de formación e especialización de carácter presencial que se desenvolverán durante o vindeiro mes de xullo en Lugo.
Resolución da convocatoria:
Resolución do 17 de febreiro de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o Programa de escolas abertas presenciais 2011 destinadas ás comunidades galegas no exterior.
Entidade:
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación:
23.02.2011
Estado:
Procedemento pechado
Modalidades
-
Obradoiros de formación de nivel intermedio:
- Asociacionismo e xestión de asociacións e entidades sen ánimo de lucro
- TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación)
- Gaita tradicional galega
- Canto popular e pandeireta
- Baile tradicional galego -
Obradoiros de especialización de nivel avanzado:
- Gaita tradicional galega
- Baile tradicional galego
Destinatarios:
-
Obradoiros de formación de nivel intermedio: Menores de 35 anos
- Entidades galegas do exterior (proporán a socios ou colaboradores)
- Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento (reservaranse 3 prazas para os obradoiros de gaita, baile, e canto e pandeireta). -
Obradoiros de formación de nivel avanzado: Menores de 55 anos
- Entidades galegas do exterior (proporán a responsables de impartir a docencia)
- Cidadáns galegos e os seus descendentes ata o segundo grao de consanguinidade que acrediten un nivel suficiente de coñecemento e responsables de impartir docencia (reservaranse 4 prazas para os obradoiros de gaita e baile).
Datas de realización: Do 19 ao 30 de xullo de 2011
Lugar de realización: Lugo
Prazo de presentación: Ata o 23 de marzo de 2011
Documentación:
-
Solicitude segundo modelo normalizado:
- Anexo III: Persoas xurídicas (entidades galegas)
- Anexo IV: Persoas físicas - Fotocopia do CIF ou equivalente da entidade solicitante ou DNI ou equivalente da persoa física solicitante.
- Fotocopia do DNI ou equivalente dos candidatos propostos polas entidades.
- Breve currículo de cada aspirante.
- Gravación en vídeo dixital (para as modalidades de gaita, baile e canto e pandeireta).
- Unha foto tamaño carné de cada aspirante.
- Declaración do aspirante comprometéndose a investir os coñecementos adquiridos no seo da entidade (no caso de candidatos propostos polas entidades).
- Certificación da entidade que acredite que as persoas propostas son socias ou colaboradoras dela (só para nivel intermedio)
- Certificación que acredite que as persoas propostas ou as persoas solicitantes son responsables de impartir docencia (só para o nivel avanzado).
- Declaración de axudas obtidas para a mesma actividade doutras administracións ou entes públicos ou privados (anexo V).
- Declaración de non incorrer en prohibición para obter a condición de beneficiario (anexo VI).
- Certificado de residencia fiscal, da entidade ou da persoa física solicitante, emitido polos organismos competentes (só solicitantes con residencia fiscal fóra do territorio español).
- Declaración de estar ao corrente nas obrigas tributarias coa comunidade autónoma e estatais, así como coa Seguridade Social
- Documentación que acredite a condición de galego ou descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade (só para os solicitantes como persoas físicas).
- Documentación que acredite a residencia fora de Galicia (só para solicitantes como persoas físicas).
Documentación para descargar:
-
Formularios de solicitude (Anexos III e IV), Declaración de axudas obtidas (Anexo V) e Declaración de non incorrer en prohibicións (Anexo VI) (picar aquí para descargar).
Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados. - Texto íntegro da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar).
Información:
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Centros e Comunidades Galegas
Servizo de Tramitación de Axudas aos Centros e Comunidades Galegas
Basquiños, 2 – 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Enderezo electrónico: entidadesgalegas@xunta.es
Tlfno:(+34 ) 981 547 239 // 981 957 162 // 981 957353
Fax: (+ 34) 981 957 399
Finalización do prazo de presentación de solicitudes:
23.03.2011
Listas a convocatoria asociadas: