Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior. Exercicio 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
4173 lecturas
Información do Programa e Formularios de Solicitude das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a galegos residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española, e a determinados familiares, que se atopen en situación de precariedade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 13 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2011. (D.O.G. martes, 21 de decembro de 2010)
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
21.12.2010
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios:

  1. Os/as emigrantes galegos/as, e os seus fillos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a devandita condición de galego sinálase no artigo 14º destas bases.
  2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia, mediante calquera xustificación en documento oficial.
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, e sempre e cando non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento, o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga.

Supostos de necesidade:

  • Situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante.
  • Situación de dependencia, ou enfermidade grave no seo da unidade familiar.
  • Invalidez ou enfermidade permanente.
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado.
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
  • Situación de desemprego na unidade económica familiar.
  • Situación de precariedade na unidade familiar.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • En Brasil:
    • Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro.
    • Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía
    • Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos y Instrucción en Sao Paulo.
    • Sociedade de Socorros Mutuos y Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
  •  En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración
Servicio de Acción Social
Teléfonos: 981 545877 - 981 545880
Fax: 981 957055
Correo electrónico:accion.social.emigracion@xunta.es

Documentación adxunta:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.02.2011