Termos y Condicións

Condicións e termos de uso da web institucional e do portal GaliciaAberta
- A Xunta de Galicia é titular do dominio de Internet de segundo nivel Galiciaaberta.
- Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración Autonómica de Galicia.
- Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso da cidadanía á información relativa ás iniciativas e aos servizos da Secretaría Xeral de Emigración, facilitando á cidadanía as súas relacións con ela.

Cláusula de exención de responsabilidade
- O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Secretaría Xeral de Emigración non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se atope totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
- A Secretaría Xeral de Emigración non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
- A Secretaría Xeral de Emigración non asume responsabilidade ningunha derivada da conexión ou contidos dos enlaces a páxinas externas aos que se fai referencia na web.
- A Secretaría Xeral de Emigración resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Reprodución
- A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. A persoa usuaria comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.

Caixas de correo
- A Secretaría Xeral de Emigración non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivarse dela efecto xurídico vinculante ningún.

Servizo
- Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume responsabilidade ningunha respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.

Recomendacións de acceso
- A Secretaría Xeral de Emigración procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
- Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Netscape Navigator, Mozilla e derivados (Firefox), Opera, Internet Explorer, etc.
- En equipamentos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolucións de pantalla comprendidas entre 800 x 600 píxeles e 1024 x 768 píxeles.

Termos de uso
- Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
- Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
- A persoa usuaria non poderá acceder ao sitio web de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou información ofrecida.

Privacidade
- A política de privacidade da Secretaría Xeral de Emigración baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
- O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido por la Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán ou cidadá, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.