Curso de cociña galega, co cociñeiro André Arzúa, na Asociação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, en Salvador de Bahía

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

28 lecturas

A Asociação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, de Salvador de Bahía, no Brasil, organiza do luns 19 ao sábado 24 de outubro un curso de cociña galega co cociñeiro e profesor André Arzúa Tizón.

Unha iniciativa para viaxar polos sabores de España, nunha inmersión cultural e gastronómica para dominar receitas tradicionais, técnicas de preparación e segredos da cociña do noroeste español.

As clases serán no local da Cozinha Industrial da Unijorge, con horario de tarde ata o venres (das 14:00 ás 17:00 horas) e matinal o sábado (das 8:00 ás 12:00 horas).

Inclúe certificado de participación.

Prezo: R$ 200,00.

Contacto: (71) 99975-0599.

Máis info: Facebook | Instagram.

Curso de cociña galega, co cociñeiro André Arzúa, na Asociação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, en Salvador de Bahía.
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Asociação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago
Data: 
19.10.2026 a 24.10.2026
Hora: 
14:00
Lugar:
Cozinha Industrial da Unijorge
Av. Luís Viana Filho, 6775 - Paralela
Salvador - 41745-130Bahia
Brasil
booked.net