Eleccións Xerais do 29 de novembro do 2026 - Información para o voto de galegos/as residentes no exterior

⮞ Galegos/as residentes no exterior (votantes CERA)

Galegos/as residentes no exterior (votantes CERA). Paso 1: Do 24 ao 30 de outubro, envío, de oficio, da documentación ao domicilio do exterior; e do 4 ao 8 de novembro, envío, de oficio, das papeletas oficiais para a votación, as cales tamén podes descargar na páxina web do INE. Paso 2: Se elixes o voto por correo ao consulado poderás facelo ata o 24 de novembro, enviando o teu voto por correo postal ao consulado. Paso 3: Se decides votar presencialmente no consulado, poderás facelo do 21 ao 26 de novembro, nos nos centros de votación habilitados.

 

⮞ Galegos/as que se atopen de forma temporal no exterior (votantes ERTA)

Galegos/as que se atopen de forma temporal no exterior (votantes ERTA). Achégate ao consulado de España e inscríbete como residente temporal. Á vez que realizas este trámite poderás solicitar o voto. Paso 1: ata o 31 de outubro: achégate ao consulado e cumprimenta o documento de solicitude de voto co enderezo no que resides temporalmente no exterior. Este trámite debes facelo presencialmente. Paso 2: ata o 26 de novembro podes enviar o teu voto por correo postal certificado á mesa electoral que corresponda en España.