XVII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla coa participación do Lar Galego de Sevilla
O Lar Galego de Sevilla participará, do venres 9 ao luns 12 de outubro, no XVII Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla, nun evento no que será homenaxeada a casa de Canarias.
A cita terá lugar nos Jardines de Murillo e a participación do Lar Galego será cun concerto, o domingo 11 ás 21:30 horas, do seu Grupo de Música Tradicional.
Ademais, tamén actuarán as asociacións das demais casas rexionais da capital andaluza, e haberá tamén outro tipo de actividades culturais e gastronómicas. A inauguración correrá a cargo do alcalde de Sevilla, José Luis Sanz, o venres ás 18:30 horas, nunha primeira cita na que terá lugar tamén o pregón, do historiador Marcos Pacheco Morales-Padrón.
Máis info: largallegosevilla.com | Facebook | Instagram.







