Festa do polbo na Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
A Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires, Arxentina, celebra o domingo 30 de agosto, a partir das 13:30 horas, unha festa do polbo na súa sede.
O evento contará con dúas propostas de menú, cunha primeira opción que inclúe polbo con patacas, ademais de tres alternativas de prato principal, sobremesa, café e bebidas; e outra alternativa coas mesmas opcións, co único troco do polbo por un entrante de friames con ensalada.
Ademais, haberá música para bailar co Dj Alberto Ángel Óscar Ciccone de Miguelina.
Entradas: Menú 1 - $80.000 | Menú 2 - $50.000.
Reservas: 11-4940-1850.
Máis info: Facebook.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
Data:
30.08.2026
Hora:
13:30
Lugar:
Asociación Centro Partido de Carballiño en Bos Aires
Juan Carlos Cruz 1361
Vicente López - B1638Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






