Gran encontro de corais polifónicas, coa presenza da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, en Bos Aires
O Centro Rioxano Español de Bos Aires organiza o domingo 23 de agosto, a partir das 16:00 horas, un gran encontro de corais polifónicas na súa sede.
Neste evento musical participará a Coral Semente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, dirixida por Viviana García.
Ademais, tamén participarán nesta xornada:
- O Grupo vocal do Círculo de Aragón de Bos Aires.
- A Coral Trentino do Círculo Trentino de Bos Aires.
- A Coral Suyay.
- E o grupo vocal "Aires Riojanos".
Entrada libre e gratuíta.

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Riojano Español de Buenos Aires
Data:
23.08.2026
Hora:
16:00
Lugar:
Centro Rioxano Español de Bos Aires
Av. Belgrano 952
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1092AAWCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






