Inauguración da mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago de Manuel Vicente en Avellaneda
O Centro Municipal de Arte de Avellaneda inaugura o venres 14 de agosto, ás 18:00 horas, unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago, na que colaboran as entidades galegas da Arxentina:
- Centro Galego de Avellaneda.
- Residentes do Grove en Bos Aires.
- Asociación Civil Galega Fillos de Porto do Son.
- Asociación Finisterre en América.
- Centro Galego de Xubilados e Pensionistas da República Arxentina.
A mostra fotográfica "Acogida y hospitalidad en el Camino de Santiago", de Manuel Vicente, fai un percorrido con imaxes que achegan as tradicións da Ruta Xacobea.
No acto inaugural actuarán o Grupo de Baile e Gaitas do Centro Galego de Avellaneda, o Grupo de Gaitas de Residentes do Grove e Matías González.
Entrada libre e gratuíta.

Evento:
Mostra
Organiza:
Centro Gallego de Avellaneda
Data:
14.08.2026
Hora:
18:00
Lugar:
Centro Municipal de Arte de Avellaneda
San Martín 797
Avellaneda - B1870Ciudad Autónoma de Buenos Aires (CABA) Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






