Escolas Abertas 2026
Galería de imaxes da 35ª edición do programa 'Escolas Abertas' 2026, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, que se desenvolveu do 8 ao 20 de xullo en Galicia, para a formación de docentes dos centros galegos do exterior en distintas disciplinas da cultura galega (baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, gaita tradicional, percusión e formación para persoal directivo).
Este ano participaron 50 mestres e mestras, cunha idade media de 35 anos, procedentes de Arxentina, Uruguai, Venezuela, Brasil, México, Cuba, Chile, Alemaña, Estados Unidos e España, que, coa formación especializada e cualificada que recibiron, chegarán a milleiros de alumnas e alumnos dos seus países de residencia.
- 1 de 24
- ››






































