Nova edición do Día Nacional de Galicia da Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai
A Asociación de Empresarios Galegos do Uruguai, xunto a Radisson Montevideo Victoria Plaza Hotel, organiza o venres 24 de xullo unha nova edición do seu Día Nacional de Galicia. A celebración terá lugar no restaurante Arcadia, no piso 25 do hotel, a partir das 20:30 horas.
Unha velada única, chea de tradición, gastronomía e sabor, que contará cunha cea buffet con variedade de pratos típicos galegos, cunha coidada selección de produtos e elaboracións homenaxe a Galicia.
Prezo: $2.950.
Reservas: 099 922 166.

Evento:
Día de Galicia
Organiza:
Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai
Data:
24.07.2026
Hora:
20:30
Lugar:
Restaurante Arcadia
Praza Independencia 759 Piso 25
Montevideo - 11100Montevideo Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






