Obradoiro de Movemento e Composición na Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

39 lecturas

A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa de Bos Aires, na Arxentina, organiza o sábado 4 de xullo, das 16:00 ás 19:00 horas, unha clase mestra de movemento e composición, a cargo de Daniela López Álvarez, bailarina do ballet contemporáneo do Teatro San Martín e mestra nacional de danza.

Un obradoiro para saír da zona de confort e co que levar o movemento a outro nivel. Con el iniciarase un ciclo de xornadas mensuais para estudantes de música clásica, contemporánea, folclore e flamenco, así como para docentes que buscan novas ferramentas.

Entrada: Xeral - $30.000 | Escolas de danza - $20.000.

Inscricións e consultas: 11 4492 7273.

Máis info: Facebook.

Obradoiro de Movemento e Composición na Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa.
Evento: 
Mostra
Organiza: 
Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa
Data: 
04.07.2026
Hora: 
16:00
Lugar:
Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa
Moreno 3281
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1209ABICiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina
booked.net