Primeiro Festival Latinoamericano "Hecho con el Alma" en Santiago de Compostela
A Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (Avesanti) organiza o venres 19 e o sábado 20 de xuño, no Centro Comercial Área Central, a primeira edición do Festival Latinoamericano "Hecho con el Alma".
Este encontro servirá para mostrar o talento, a creatividade e a riqueza cultural de Venezuela a través de pezas artesanais. Todas as persoas creadoras que estean interesadas, poden participar neste festival. Ademais, haberá tamén unha clase mestra de baile latino.
Para participar: 604885190.
Horarios:
- Venres 19: Das 13:00 ás 22:00 horas.
- Sábado 20: Das 11:00 ás 22:00 horas.
Máis info: Facebook | Instagram.

Evento:
Mostra
Organiza:
Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela
Data:
19.06.2026 a 20.06.2026
Hora:
13:00
Lugar:
Outlet Área Central
Edificio Área Central
Santiago de Compostela - 15707A Coruña España




