Sardiñada e Festa do Pemento organizada pola ACG A Roda en Lausanne, Suíza
A Asociación Cultural Galega A Roda celebra o sábado 13 (desde as 17:00 horas) e o domingo 14 de xuño (desde as 12:00 horas) a súa Sardiñada e Festa do Pemento.
Serán dous días de festa, na Cantina de Sauvabelin, arredor da gastronomía, da música e do baile tradicional galego.
Entre as actuacións musicais, están confirmados:
- Sábado ás 22:00 horas: Unto Vello, dúo galego de música tradicional galega.
- Sábado ás 23:30 horas: Sesión de DJ Matrek, chegando desde Galicia.
Entrada libre e gratuíta.

Evento:
Festa
Organiza:
Asociación Cultural Galega A Roda
Data:
13.06.2026 a 14.06.2026
Hora:
17:00
Lugar:
Cantina de Sauvabelin
Route du Signal 46
Lausanne - 1018Vaud Suíza




