Ruta de sendeirismo pola Praia de Gulpiyuri, organizada pola Casa de Galicia en León
A Casa de Galicia en León organiza o sábado 6 de xuño unha nova ruta de sendeirismo, nesta ocasión pola praia de Gulpiyuri, en Llanes (Asturias).
Esta ruta ten unha distancia de 8 quilómetros, cunha dificultade media. Ademais, inclúese a posibilidade de comida.
Para esta ocasión, tamén propoñen unha opción alternativa para aqueles que non desexen facer a andaina. Neste sentido, viaxan co grupo e poden desfrutar da mañá paseando por Llanes.
A saída terá lugar ás 7:30 horas desde as instalacións da Casa de Galicia.
Prezo: 47€ socios/as | 50€ non socios/as | Ruta alternativa: 40€.

Evento:
Andaina
Organiza:
Casa de Galicia en León
Data:
06.06.2026
Hora:
7:30
Lugar:
Casa de Galicia en León (punto de saída)
Estrada de Vilecha, s/n
Trobajo del Cerecedo - 24192León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






