LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO 2026 (PR930D) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 10 DE MARZO DE 2026 (DOG NÚM. 60 DO 31 DE MARZO)
LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO 2026 (PR930D) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 10 DE MARZO DE 2026 (DOG NÚM. 60 DO 31 DE MARZO).
En aplicación do disposto no artigo 12 da Resolución do 10 de marzo de 2026 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CON GALICIA NO CAMIÑO, publícanse as listas provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas por países, sinalando, de ser o caso, a documentación que debe achegar ou emendar e a causa de exclusión co correspondente artigo da Resolución incumprido.
Co fin de facilitar a lectura, os solicitantes aparecen por orde alfabética. As listas poden descargarse premendo no cadro que corresponda:
| PAÍS | LISTAXES | DATA PUBLICACIÓN | PRAZO DE EMENDA DE SOLICITUDE |
|---|---|---|---|
| ARXENTINA | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
| BRASIL | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
| CUBA | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
| URUGUAI | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
| VENEZUELA | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 12 de maio de 2026 | Ata o día 25 de maio de 2026 |
Os documentos que se acheguen para completar o expediente e os escritos de emenda da solicitude deben presentarse, preferentemente, na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou da entidade colaboradora do país de residencia na que se presentou a solicitude, que se encargarán da súa remisión por vía electrónica á Secretaría Xeral da Emigración. De non existir ningunha preto da localidade de residencia, poden entregarse no rexistro xeral do Consulado de España máis próximo.



