1ª Festa do Melindre da Casa de Galicia en Santurtzi
A Casa de Galicia en Santurtzi, como embaixadores do Melindre pola súa irmandade co concello galego de Melide, celebra o sábado 11 de abril, a partir das 11:00 horas, a primeira edición da súa Festa do Melindre.
Unha celebración que compartirán con todo o pobo de Santurtzi, no País Vasco, e que contará con:
- 11:00 horas: Carpa informativa na rúa peonil do parque e actuación do grupo de Melide "Os da Taberna".
- 11:30 horas: Kaleijira dos xigantes de Santurtzi, Santurtziko Erraldoiak e Airiños Galegos Doce Albor.
- 12:00 horas: Clase mestra sobre os doces típicos de Melide (melindres, ricos e amendoados).
- 13:00 horas: Gaitapoteo pola zona da Txitxarra.
- 20:00 horas: Actuación de Tolin el Mariachi en Gabriel Aresti, 6 (enfronte da Casa de Galicia).

Evento:
Festa
Organiza:
Casa de Galicia en Santurtzi
Data:
11.04.2026
Hora:
11:00
Lugar:
Parque de Santurtzi
Santurtziko Parkea, 1
Santurtzi - 48980Bizkaia España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






