A Xunta mostra en Costa Rica o seu apoio á colectividade galega residente neste país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de España en Costa Rica, onde mantivo un encontro coa colectividade galega residente no país co obxectivo de coñecer de primeira man a súa situación e reforzar os lazos coa comunidade. Ademais, tamén se reuniu coa directiva do Lar Gallego de Costa Rica. No marco de ambas xuntanzas, Miranda destacou o papel fundamental destas entidades como punto de encontro e apoio para os galegos e as galegas no exterior, así como o seu labor na preservación da cultura e identidade galegas.
Ademais, o secretario xeral reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia co acompañamento integral da diáspora, subliñando a importancia de seguir impulsando programas de retorno, apoio social e conexión coa terra de orixe. Nesta liña, puxo en valor o papel da colectividade galega en Costa Rica como exemplo de integración e dinamismo, insistindo en que Galicia “segue a estar preto dos seus cidadáns no exterior, escoitando as súas necesidades e traballando para ofrecerlles oportunidades de futuro”.
Novas relacionadas






