Encontro folk 2026 "Miña Ruliña" no Centro Galego de Salamanca
O Centro Galego de Salamanca organiza o primeiro encontro "Miña Ruliña" deste 2026 o sábado 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, na súa sede.
Nesta cita trimestral, á que están convidados tanto os/as socios/as do Centro como o público xeral, os/as asistentes desfrutarán do repertorio do trío madrileño Tría.
Para esta xornada especial haberá:
- Concerto.
- Merenda-cea.
- Sesión de música folk.
O pincho, nesta ocasión, será de "Paloma e queixo tetilla con marmelo", cun prezo de 3€.
Reservas: Ata o 18 de marzo na secretaría do Centro.

Evento:
Concerto
Organiza:
Centro Galego de Salamanca
Data:
21.03.2026
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Galego de Salamanca
Rúa Arriba, 6
Salamanca - 37002Salamanca España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026






