Ruta de sendeirismo pola Collada del Baile, organizada pola Casa de Galicia en León
A Casa de Galicia en León organiza o sábado 7 de marzo unha ruta de sendeirismo pola Collada del Baile, na Montaña de Riaño.
A excursión permitirá desfrutar dun espectacular entorno paisaxístico, ademais dunha comida en grupo. A ruta comezará en Carande e rematará en Riaño, cun percorrido de 12 kilómetros dunha dificultade media.
A saída terá lugar ás 8:00 horas dende as instalacións da Casa de Galicia e non fai falla estar federado.
Inclúe a comida, que consistirá en:
- Garavanzos con polbo.
- Tenreira de Riaño.
- Sobremesa e bebidas.
As prazas son limitadas.
Prezo: 42€ socios/as | 45€ non socios/as.

Evento:
Andaina
Organiza:
Casa de Galicia en León
Data:
07.03.2026
Hora:
8:00
Lugar:
Casa de Galicia en León (punto de saída)
Estrada de Vilecha, s/n
Trobajo del Cerecedo - 24192León España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






