Oficina de Información e Asesoría Itinerante da Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) en Ourense
O domingo 9 de novembro, a Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) terá aberta unha Oficina de Información e Asesoría Itinerante en Ourense, con motivo da celebración da Feira da Chinita.
- A Oficina estará no Campo da Feira, lugar de celebración desta festa.
- Aportarán información sobre retorno, emprego, formación, emprendemento, asistencia sanitaria, educación, protección internacional, axudas, subvencións, pensións....
- O servizo é gratuíto.
Horario de atención: das 12:00 ás 16:00 horas.

Evento:
Xuntanza
Organiza:
Federación Venezolana de Galicia - FEVEGA
Data:
09.11.2025
Hora:
12:00
Lugar:
Campo da Feira
Rúa Feira Nova, 29
Ourense - 32001Ourense España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






