11ª Festa Cultural do Polbo e Marisco organizada por Airiños da Nosa Galicia
O Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia, de Santa Coloma de Gramanet (Barcelona), organiza do 23 ao 26 de outubro a 11ª edición da Festa Cultural do Polbo e do Marisco.
Será no Parc d'Europa e contará cun intenso programa con:
- Degustacións.
- Mostras culturais.
- Concurso fotográfico.
- Foliada.
- Actuacións musicais.
Entre os actos destacados: a Foliada Popular de Outono (venres 24 ás 20:00 horas), o Xantar da Irmandade (sábado 25 ás 14:30 horas), a noite dos DJ (sábado 25 a partir das 19:30 horas), o Xantar das Familias e Amigos (domingo 26 ás 14:30 horas) ou a Queimada Popular (domingo 26 ás 21:30 horas).

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Cultural Galego Airiños da nosa Galicia
Data:
23.10.2025 a 26.10.2025
Hora:
20:30
Lugar:
Parc d'Europa
Av. de Francesc Macià
Santa Coloma de Gramenet - 08924Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026






