Proxección fotográfica comentada "Rosalía en Madrid, 1958" no Centro Galego de Madrid
O Centro Galego de Madrid realiza unha proxección fotográfica comentada titulada "Rosalía en Madrid, 1958". Será o mércores, 8 de outubro, a partir das 20:00 horas, no seu Salón de Actos.
Esta proxección correrá a cargo de Henrique Alvarellos, editor, escritor e activista cultural lucense. Neste acto proxectaranse unhas fotografías históricas dos actos do "Centenario do Casamento de Rosalía de Castro e Manuel Murguía", organizados por este Centro Galego en outubro de 1958.
Entrada de balde.

Evento:
Proxección
Organiza:
Centro Galego de Madrid
Data:
08.10.2025
Hora:
20:00
Lugar:
Centro Galego de Madrid
Carretas 14, 3ª Planta
Madrid - 28012Madrid España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






