Festa do Marisco no Centro Galego de Alicante

Listen to this page using ReadSpeaker
233 lecturas

O Centro Galego de Alicante comeza o outono cunha gran celebración, a súa particular Festa do Marisco. Será o sábado 18 de outubro, a partir das 14:00 horas, na súa sede.

Ao máis puro estilo da festividade que ten lugar cada ano no concello galego do Grove, a Entidade pon a disposición dos asistentes un completo menú, no que o marisco será a gran estrela. Este estará composto por:

  • Marisco frío: salpicón de marisco, lagostinos e gamba branca.
  • Marisco quente: croquetas de marisco, croquetas de bacallau, zamburiñas en salsa americana e mexillóns á mariñeira.
  • Arroz de marisco, sepia e gambas.
  • Torta de Santiago.
  • Bebidas e café.

Ademais, tamén haberá queimada e música con grupos de gaiteiros.

Prezo: 36€.

Reservas (ata o 13 de outubro): 648 47 13 93 | centrogallego@hotmail.es.

Máis info: Facebook | Instagram.

Festa do Marisco no Centro Galego de Alicante
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Galego de Alicante
Data: 
18.10.2025
Hora: 
14:00
Lugar:
Centro Galego de Alicante
Carrer de Jovellanos, 1
Alicante - 03002Alicante-Alacant
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026