Noite de San Xoán no Círculo Social Val Miñor de Galicia en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
199 lecturas

O Círculo Social Val Miñor de Galicia en Bos Aires celebra o sábado 28 de xuño, a partir das 20:00 horas, a súa tradicional festa de San Xoán.

Será cun evento na súa sede con cacharelas, degustacións e unha gran queimada.

Ademais, haberá tamén moita música, coa participación do Grupo de Danzas do Centro Cultural A Estrada, Pandeireteiros do Val Miñor, Raíces Asturianas, Lembranzas de Val Miñor, Agrupación Folklórica Baixo Miño e Os Miñoriños.

Entrada: 1.000 $.

Máis info: Facebook

Noite de San Xoán no Círculo Social Val Miñor de Galicia en Bos Aires
Evento: 
San Xoán
Organiza: 
Círculo Social Val Miñor de Galicia en Buenos Aires
Data: 
28.06.2025
Hora: 
20:00
Lugar:
Círculo Social Val Miñor de Galicia
Rafaela 4840
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1407GVBBuenos Aires
Arxentina
booked.net