Festa de Entroido da Irmandade Galega na Suíza

Listen to this page using ReadSpeaker
312 lecturas

A Irmandade Galega na Suíza celebra a súa festa do Entroido o sábado 8 de marzo, na súa sede de Onex. A celebración prolongarase dende as 19:00 horas ata a 2:00 da madrugada.

  • Entrada ao baile: gratuíta.
  • Entrada con cea: Socios de balde e non socios 40 CHF.

No caso de contar con cea, o menú estará composto de empanada de atún, carne asada, orellas de carnaval e café.

Ambientará a festa o DJ Rokiño.

Máis info: Facebook

Festa de Entroido da Irmandade Galega na Suíza
Evento: 
Entroido
Organiza: 
Irmandade Galega na Suíza
Data: 
08.03.2025
Hora: 
19:00
Lugar:
Irmandade Galega na Suiza
Rue de la Calle 42
Onex - 1213Geneva
Suíza
booked.net