Miranda supervisa na Habana o seguimento do proceso de solicitudes das axudas económicas individuais

  • Miranda supervisa na Habana o seguimento do proceso de solicitudes das axudas económicas individuais

Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 28 de febreiro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, tuvo a oportunidade de manter un encontro co equipo de traballo que está axudando aos solicitantes das axudas económicas individuais na Habana. Estas axudas, dirixidas a galegos residentes no estranxeiro en situación de vulnerabilidade, supoñen un apoio fundamental para garantir o benestar de miles de familias.

Durante a súa visita, Rodríguez Miranda supervisou o desenvolvemento do proceso de tramitación das solicitudes, destacando a importancia desta iniciativa. "O noso compromiso é claro: brindar apoio a aqueles galegos que, por diversas circunstancias, emigraron e os seus fillos agora enfróntanse a dificultades económicas. Queremos asegurarnos de que estas axudas cheguen a quen realmente as necesita", sinalou o secretario.

O ano pasado, a Secretaría Xeral da Emigración destinou case 4 millóns de euros a estas axudas, beneficiando a preto de 7.000 persoas en todo o mundo. En Cuba, máis de 4.000 beneficiarios. Para 2025, a convocatoria destas axudas que destinan 4 millóns de euros, manterase aberta dende o 12 de febreiro ata o 31 de marzo, permitindo que os solicitantes cumpran cos requisitos establecidos para acceder a este apoio.

As axudas están destinadas a emigrantes nacidos en Galicia e os seus descendentes que residan no estranxeiro e estean inscritos no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE). Ademais, poden ser beneficiarios os viúvos e viúvas de persoas que recibiron a axuda na última convocatoria, así como membros da unidade familiar en caso de falecemento do solicitante antes da resolución da axuda.

Os criterios para a concesión destas axudas inclúen a precariedade socioeconómica e socio-sanitaria, a dependencia, a gravidade de enfermidades, a idade e a existencia de cargas familiares. Tamén se consideran situacións especiais como a violencia de xénero, ofrecendo un respaldo económico a mulleres en situación de risco.

Rodríguez Miranda subliñou que a Xunta segue reforzando o seu compromiso coa colectividade galega no exterior, incrementando os recursos destinados a estes programas. "Seguimos traballando para que ningún galego no estranxeiro quede atrás. Estas axudas son un reflexo do apoio e da solidariedade de Galicia cos seus emigrantes", concluíu.

462 lecturas