Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
1443 lecturas
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio - sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior no 2025 (DOG nº 22, do 03 de febreiro).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
03.02.2025
Estado: 
Procedemento pechado

As persoas destinatarias:

  1. Persoas emigrantes nacidas en Galicia maiores de idade e residentes nalgún dos países do estranxeiro para os cales o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria, e os seus/súas fillos/as maiores de idade (coa excepción prevista para o caso das axudas por violencia de xénero) que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados a un concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
  2.  Para o caso de falecemento das persoas  indicadas no punto anterior poderán ser  beneficiarias por unha soa vez, as seguintes:
  • a) O cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga de afectividade dunha persoa beneficiaria na última convocatoria deste programa, que falecera nos doce meses anteriores ao último día de prazo para a presentación de solicitudes no 2025.
  • b) Un dos membros maior de idade da unidade familiar do/da solicitante de axuda do artigo 4 se aquel/a falece despois da finalización do prazo para a presentación das solicitudes e antes da proposta de resolución do programa, sempre que  dentro de ese período de tempo presente un escrito dirixido á Secretaría Xeral da Emigración no que solicite poder cobrar a axuda asinada polo/a seu/súa familiar falecido e declare expresamente cumprir as condicións e deberes dispostos nesta convocatoria para as persoas beneficiarias.

Os supostos de axudas:

  •  Situacións de precariedade socio-económica na unidade familiar do solicitante (artigo 4 da Resolución).
  • Situacións de precariedade socio-sanitaria na unidade familiar do solicitante (artigo 5 da Resolución).
  • Mulleres maiores de idade e menores emancipadas que acrediten sufrir violencia de xénero no 2024 (artigo 6 da Resolución).

Prazo de presentación das solicitudes:

  • Dende o día 12 de febreiro ata o día 31 de marzo do 2025.

Forma e lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, preferiblemente a través dalgunha das seguintes entidades:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • En Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo.
    • Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos.
    • Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago en Salvador de Bahía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Praza de Mazarelos, nº 15, 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O lugar de contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración. Servizo de Programas Sociais
Teléfonos: 981 547291 – 981 547289
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.gal

FORMULARIO DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación que se adxunta:

  • Texto completo da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Corrección de erros | Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (código de procedemento PR925A): Descargar
  • Resolución sobre a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes do PR925A na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Descargar
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
31.03.2025