Festival solidario a favor da Asociación de nenos oncolóxicos de Valladolid, organizado pola Casa de Galicia en Valladolid

Listen to this page using ReadSpeaker
372 lecturas

A Casa de Galicia en Valladolid organiza o venres 14 de febreiro, a partir das 19:00 horas, un festival solidario a favor da Asociación de nenos oncolóxicos de Valladolid "Campanilla", o cal tamén conta coa colaboración da concellaría de Participación Cidadán e Deportes do Concello de Valladolid.

  • O festival será no Centro Cívico José Luis Mosquera.
  • Donativo de 3€.
  • Apertura do despacho de billetes ás 18:00 horas.
  • Reserva de entradas: 626904943 / 636845394. 

No festival actuarán a Banda de Gaitas Nivaria e o Grupo de Pandeireteiras e Cantareiras Erguedelas, da Casa de Galicia, así como de Batuccadoos e o Grupo de Jotas Castiella.

Máis info: Facebook.

Festival solidario a favor da Asociación de nenos oncolóxicos de Valladolid, organizado pola Casa de Galicia en Valladolid
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Casa de Galicia en Valladolid
Data: 
14.02.2025
Hora: 
19:00
Lugar:
Centro Cívico José Luis Mosquera
Rúa Pío del Río Hortega, 13
Valladolid - 47014Valladolid
España
booked.net