Galería de imaxes da Gran Romería Galega de Bos Aires

Galería de imaxes da Gran Romería Galega de Bos Aires, celebrada na sede do Centro Galicia de Buenos Aires, organizada pola colectividade galega en Arxentina, co apoio da Xunta de Galicia. Celebrada o pasado 28 de xullo de 2024, a este evento asistiron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro. Este evento congregou a 250 artistas e máis de 20 casas galegas da Arxentina, con grupos procedentes de Bos Aires, Rosario, Rafaela e La Plata. Cunha presenza de máis de 2000 personas, este  acontecemento foi unha mostra máis da riqueza cultural e folclórica de Galicia, así como da unión e da solidariedade dos galegos e galegas da emigración para manter vivo o seu legado.

1126 lecturas