Reencontros con Galicia 2024

Listen to this page using ReadSpeaker
3025 lecturas
Información e instrucións para presentar as solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 16 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o programa de concesión de axudas para a participación no programa Reencontros con Galicia dirixido a persoas emigrantes maiores de 65 anos que residan en América, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento EM926G).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
05.06.2024
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas correspondentes ao programa Reencontros con Galicia para o ano 2024 e convocar as axudas para este ano. A finalidade do Programa é facilitar ás persoas maiores da Galicia exterior o contacto coa realidade galega actual e o encontro cos seus familiares, mediante un período de estancia nunha residencia de tempo libre dependente da Xunta de Galicia e posteriormente coas súas familias, se así o desexan.

As axudas consistirán no financiamento total ou parcial do custo da viaxe de ida e volta desde os seus países de residencia ata Galicia e a estancia na residencia das persoas emigrantes galegas entre os días 8 e 18 de outubro.

Colaboran: Consellería de Política Social e Igualdade

Persoas participantes:

  1. Poderán optar a este programa as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser unha persoa emigrante galega. 

b) Ter a nacionalidade española. 

c) Residir en América de maneira continuada, como mínimo, durante os dez (10) últimos anos naturais (2014-2024)

d) Ter 65 anos cumpridos na data de final do prazo de presentación de solicitudes.

e) Non ter participado no últimos cinco (5) anos naturais en programas de viaxes a Galicia organizados pola Secretaría Xeral da Emigración, isto é, desde 2018 en diante.

f) Valerse por si mesmas e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e estar en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditar mediante os correspondentes informes médicos debidamente actualizados. 

g) Para optar ás prazas coas viaxes financiadas ao cento por cento pola Secretaría Xeral da Emigración, o límite máximo de ingresos da persoa solicitante non poderán superar a contía resultante de multiplicar por dous (2) o importe das bases de cálculo da prestación por razón de necesidade do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Estado español para o ano 2024, segundo o país de residencia ou, no caso de que conviva con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía determinada pola suma dese límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % de dita cifra polo número de persoas que convivan menos unha. 

h) No caso de que decidisen prolongar a súa estancia en Galicia coas/cos seus familiares, as/os solicitantes deberán presentar o consentimento asinado por algún deles ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes: desde o 6/06/24 ata o 5/07/24

Resolución sobre a prolongación do prazo de permanencia na Sede electrónica da Xunta de Galicia do procedemento con código EM926G ata o día 12 de xullo: Descargar

Lugar e presentación de solicitudes:

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado EM926G dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización.

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Xaneiro.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Beneficiencia Rosalía de Castro, en Santos.
    • Asociación Cultura Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • O resto dos países: nos rexistros dos Consulados de España.

Poderán presentar tamén as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral de Emigración (Praza de Mazarelos, 15 – 15703 Santiago de Compostela) ou no resto de rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común..

Número de prazas:

PAÍS

PRAZAS FINANCIADAS

100%

PRAZAS COPAGO 600€ TOTAL
ARXENTINA 51 34 85
BRASIL 20 13 33
CUBA 15 0 15
URUGUAI 18 12 30
VENEZUELA 22 3 25
RESTO DE AMÉRICA 8 4 12
TOTAL 134 66 200

 

Documentación para consultar:

  • Texto completo da convocatoria no DOG (Descargar)

  • Extracto da convocatoria no DOG (Descargar)