Estrea de 'Si fuesen turistas llevarían gafas de sol', en Bos Aires

Listen to this page using ReadSpeaker
686 lecturas

O xoves 31 de outubro ás 21:00 h, no Centro Arzuano Melidense de Bos Aires e organizada pola Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, estréase a obra Si fuesen turistas llevarían gafas de sol.

  • Si fuesen turistas llevarían gafas de sol é unha comedia que reflexiona sobre a nosa emigración pasada e presente. Os/as que se foron, os/as que quedaron, os/as que acolleron. Un proxecto sobre a memoria e desmemoria con 9 artistas en escena chegados/as desde Galicia, Portugal, Arxentina e Uruguai que fusiona teatro e música en directo.
  • O proxecto é unha coprodución do Centro Dramático Galego, Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa, Cía Nacional de Fósforos de Buenos Aires, Comedias do Minho e El Mura de Montevideo co auspicio do INAE, que tamén terá funcións o 1 de novembro no Centro Cultural Resurgimiento e o 2 e 3 de novembro no Teatro de la Comedia de la Provincia de Buenos Aires.

Invitacións: Poden obterse de balde para a estrea do día 31, ata un máximo de 5 por persoa, reservando por orde de solicitude ata encher o aforo contactando coa Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (Teléfono +54 11 4952 9400 | delegacion.buenosaires@xunta.gal)

Máis info sobre o espectáculo: picar aquí para acceder

Estrea de 'Si fuesen turistas llevarían gafas de sol', en Bos Aires
Evento: 
Representación
Organiza: 
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data: 
31.10.2019
Hora: 
21:00
Lugar:
Centro Arzuano Melidense
Cochabamba, 3245 (Barrio de San Cristobal)
C1252ABCCiudad Autónoma de Buenos Aires (CABA)
Arxentina