Exposición 'Galicia imaxinada nas revistas da emigración', en Río de Xaneiro
O martes 4 de xuño ás 19:00 h, na sede do Instituto Cervantes de Río de Xaneiro, inaugúrase a mostra Galicia Imaxinada nas revistas da emigración, exposición que retrata a Galicia dos/as emigrantes: a real e a idealizada a través de vinte paneis que permiten visualizar a influencia da emigración na creación da imaxe da Galicia no século XIX.
- A exposición Galicia Imaxinada establece o seu discurso coa revisión de revistas porteñas como Céltiga, Suevia e Almanaque Gallego, xunto coas habaneiras Eco de Galicia e Tierra Gallega, entre moitas outras. Unha mostra que, alén de reconstruír a Galicia dos/as emigrantes: símbolos, tradicións e tópicos, permite tamén acadar unha imaxe completa da cultura visual da época
Datas da exposición: do 04.06.2019 ao 29.06.2019
Horario de visita: de luns a venres, de 09:00 a 19:00 h; sábados, de 9:00 a 13:30 h
Máis info: cultura.cervantes.es/riodejaneiro | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Exposición
Organiza:
Consello da Cultura Galega
Instituto Cervantes de Río de Janeiro
Secretaría Xeral da Emigración - Xunta de Galicia
Data:
04.06.2019
29.06.2019
Hora:
19:00
Lugar:
Instituto Cervantes de Río de Janeiro
Visconde de Ouro Preto, 62
Botafogo - Río de Xaneiro - 22250-180Rio de Janeiro Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





