Día das Letras Galegas 2019, en São Paulo
O venres 17 de maio a partir das 20:00 h, na sede da entidade na capital paulista, a Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução - Casa de Espanha de São Paulo celebra o Día das Letras Galegas 2019, a gran festa da nosa cultura que na presente edición a Real Academia Galega acordou dedicar a Antonio Fraguas.
Programa:
- Apertura da exposición Vida e obra de Antonio Fraguas, que permanecerá exposta ata o 31 de maio
- Conferencia pronunciada por María Dolores Daparte
- Lectura de obras do homenaxeado
- Actuación do grupo Lembranza e Agarimo
- Cóctel
Máis info: Tlf. 11 2274 2014 | Correo-e sociedadehispano@sociedadehispano.com.br | Facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução
Data:
17.05.2019
Hora:
20:00
Lugar:
Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução
Ouvidor Portugal, 541 - (Vila Monumento)
São Paulo - 01551-000São Paulo Brasil
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





