Charla á comunidade española en Boston sobre asuntos sociolaborais

Listen to this page using ReadSpeaker
519 lecturas

O mércores 5 de xuño a partir das 17:30 h, na Sala de conferencias do Real Colegio Complutense en Harvard, a Consellaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social da Embaixada de España en Washington ofrece unha charla informativa sobre asuntos sociolaborais para a comunidade española.

Temas a tratar:

  • Tes dúbidas sobre a túa pensión en España?
  • Sabes que se estás a traballar nos EE.UU. podes solicitar para ti e a túa familia asistencia sanitaria nos teus desprazamentos temporais ao noso país?
  • Vas retornar a España e queres saber se podes ter acceso a algunha prestación de desemprego?
  • Outras dúbidas en materia de emprego, seguridade social, vida laboral etc.

Inscricións e máis info: www.eventbrite.com

Charla á comunidade española en Boston sobre asuntos sociolaborais
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Real Colegio Complutense en Harvard
Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Embajada de España Washington
Data: 
05.06.2019
Hora: 
17:30
Lugar:
Real Colegio Complutense en Harvard - Sala de Conferencias
26 Trowbridge St
Cambridge - 02138Massachusetts
Estados Unidos