Semana Cultural das Letras Galegas 2019 en Santander
O Centro Galego de Santader organiza, na súa sede na capital cántabra, a Semana Cultural das Letras Galegas 2019.
Luns, 13 de maio, 19:30 h
- Recital coa presentación do poemario Con la brisa del Norte, do poeta Primitivo Oliva Fernández, cuxo contido versa sobre Galicia: cidades, zonas, natureza…
- Actuación do Coro Voces de Santander.
- Actuación do Grupo de Gaitas Airiños da Terra
- Ao finalizar os actos, o Centro servirá un viño galego
Mércores, 15 de maio, 19:30 h
- Conferencia Los balnearios: sus aguas, que pronunciará o Dr. Francisco Javier Hernández de Sande, presidente do Colegio Oficial de Médicos de Cantabria.
Venres, 17 de maio, 19:30 h
- Conferencia Antón Fraguas, una vida dedicada a Galicia, que pronunciará Juan Luis Saco Cid, catedrático de Latín e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
- Convocatoria do XXº Concurso Literario de Narrativa “Julio Camba”
- Actuación do Grupo de Gaitas Airiños da Terra
Sábado, 18 de maio, 14:30 h
- Xantar de Irmandade das Letras Galegas
Programa completo: picar aquí para descargar
Máis info: cgallegosantander.blogspot.com | Facebook

Evento:
Día das Letras Galegas
Organiza:
Centro Gallego de Santander
Data:
13.05.2019
15.05.2019
17.05.2019
18.05.2019
Lugar:
Centro Galego de Santander
Peña Herbosa, 6
Santander - 39003Cantabria España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





