Ares Indiano 2018
Do venres 17 ao domingo 19 de agosto o concello de Ares celebra a primeira edición do "Ares Indiano", a festa-recreación do pasado indiano e unha homenaxe á historia da emigración e ás xentes que, tras ter que marchar do seu lugar de orixe, volveron e convertéronse en mecenas de diversas iniciativas socioculturais no seu pobo como forma de contribuÍr ao seu progreso.
- Os/as indianos/as deixaron en Ares unha fonda pegada que se pode ver tanto nun importante número de vivendas como escolas de instrución; estruturas símbolo dun estilo propio e cosmopolita coas súas características fachadas, balconadas, forxas e adornos que perduran no tempo convivindo e resaltando entre as edificacións actuais.
- Para rememorar aquela época e homenaxear a todos/as os/as emigrantes poñendo en valor o sacrificio daquelas xentes e tamén a súa achega no eido cultural, económico, educativo e arquitectónico, está previsto un programa cheo de actos durante os tres días de festexos que inclúe concentración de coches antigos, photocall, baile tradicional, música cubano-galega, relatorios sobre a temática, exposicións, postos de venda, animación na rúa, xogos populares para maiores e pequenos/as, concurso de vestimenta, visitas guiadas…
- Na organización do evento colaboran Ernesto López e Javier Vilasánchez, veciños e estudosos do fenómeno da emigración aresana e escolas de instrución. Tamén a Agrupación Instrutiva de Caamouco e o Casino Aresano, que albergarán sendas exposicións sobre a materia e relatorios temáticos. Así mesmo, os grupos e asociacións musicais e teatrais locais.
Máis info: www.concellodeares.com | Facebook | Twitter

Evento:
Festa
Organiza:
Concello de Ares - Concellarías de Cultura e Turismo
Data:
17.08.2018 a 19.08.2018
Lugar:
Concello de Ares
Ares - 15624A Coruña España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





